O Concello destina 30.000 euros á convocatoria de axudas á contratación
A convocatoria de 2006 de axudas municipais á contratación, parte do Plan Muicipal de Emprego 2004-2007, contará cunha partida de 30.000 euros. Os destinatarios desta convocatoria son as empresas privadas e entidades distintas da administración pública que contraten persoas desempregadas.
Estas persoas deberán ser ou ter sido participantes nalgunha das acción ou programas da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, e terán que posuír, ademais, algunhas destas condicións ou características: ser muller, discapacitado/a ou traballar no Casco Vello (área PEPRI).
A contratación destas persoas por parte das empresas ou entidades beneficiarias terá que supoñer un aumento do cadro de persoal da empresa ou entidade, en termos netos, e o aumento deberase manter, cando menos, durante o tempo de vixencia do contrato obxecto da subvención. Ademais, a empresa ou entidade non poderá ter recibido outra axuda ou subvención pública ou privada pola mesma contratación.
As axudas destinaranse á contratación temporal a xornada completa e á contratación temporal a xornada parcial. No primeiro caso, as subvencións serán de 750 euros para os contratos de seis meses (cun plus de 250 euros para vítimas da violencia doméstica) e de 3.000 euros para os contratos de un ano ou máis (cun plus de 500 euros para as vítimas da violencia doméstica). No caso das axudas á contratación temporal a xornada parcial, a subvención será proporcional á xornada laboral de contrato, tanto para os de duración mínima de seis meses como para os de un ano.
O límite máximo de subvención por empresa ou grupo de empresas asociadas non poderá exceder, polo conxunto das contratacións realizadas, de 8.000 euros, agás naqueles casos en que a Comisión de Valoración estime oportuno ampliar o tope, pola importancia e repercusión da solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes irá desde a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ata o 15 de setembro de 2006.
Descargar todas as imaxes