Escoitar
A Mr. Dixie Jazz Band gañou o premio á mellor orquestra no Euro Jazz Festival Dixieland

Os pasarrúas do Imaxina Sons corren a cargo da mellor banda europea no seu estilo

Os pasarrúas do Festival de Jazz Imaxina Sons, que se celebra estes días en Vigo, teñen como protagonista o grupo <a href = 'http://www.imaxinasons.com/artista/266/gl'>Mr. Dixie Jazz Band</a>, gañadora do premio á mellor orquestra dixieland europea no Euro Jazz Festival Dixieland de Ville Rueil Malmaison, que tivo lugar nesta localidade do extrarradio de París do 8 ao 11 deste mes.

martes, 20 xuñ 2006
1150801614dixiejazzband.jpg
A Mr. Dixie Jazz Band
Ademais, Mr. Dixie Jazz Band recibiu os premios ao mellor solista do Festival (para o trompetista Guillermo Lancelotti), ao segundo mellor solista (para o tuba Óscar Prieto) e ao terceiro mellor solista (para o clarinetista Víctor Sánchez).

No Festival reuníronse 16 formacións europeas elixidas polas súas respectivas embaixadas, cun requisito indispensable para a súa participación: facer unha versión do "Himno da Alegría", de Ludwig van Beethoven.

O Euro Jazz Festival Dixieland pretende divulgar o estilo dixieland, tamén chamado Hot Jazz de Nova Orleáns. Os máximos expoñentes deste estilo foron King Oliver, Jelly Roll Morton e Louis Armstrong, entre outras grandes figuras.

O presidente do xurado foi o prestixioso director, compositor e pianista Claude Bolling, quen se encargou de entregar persoalmente o premio a Guillermo Lancelotti.

A Mr. Dixie Jazz Band actuou xa polas rúas de Vigo o pasado sábado 17 e o domingo 18, e volverá facelo os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo, a partir das 13:00, as 19:00 e as 21:00 horas.

Nos próximos días, as actuacións da Mr. Dixie Jazz Band serán nos seguintes lugares:

Mércores 21:
- 13:00: Príncipe e contorno
- 19:00: Centro Comercial Travesía
- 21:00: Urzáiz-Gran Vía-Terrazas Santiago de Vigo

Xoves 22:
- 13:00: Príncipe e contorno
- 19:00: Centro Comercial Travesía
- 21:00: Urzáiz-Gran Vía-Terrazas Santiago de Vigo

Venres 23:
- 13:00: Teis
- 19:00: Casco Vello (prazas da Constitución e da Princesa)
- 21:00: Urzáiz-García Barbón-Terrazas Santiago de Vigo

Hoxe martes, o Festival de Jazz de Vigo continúa coa mesa redonda "Música e industria cultural", no salón de actos do MARCO a partir das 20:00 horas, con entrada libre. O acto será moderado polo escritor e crítico musical Carlos Sampayo e contará coa participación do concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, o director do Festival de Jazz de Madrid, Javier Estrella, e o xornalista radiofónico Alejandro Cifuentes. A partir das 21:00 horas, no mesmo lugar, o guitarrista e compositor sardo Paolo Angeli ofrecerá un concerto, tamén con entrada libre.

Día Mundial da Música

Mañá mércores, o Festival Imaxina Sons sumarase á celebración do Día Mundial da Música co Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, que renderá tributo á figura do saxofonista estadounidense [ a href = 'http://www.apoloybaco.com/charlieparkerbiografia.htm'] Charlie Parker. O acto terá lugar no Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música de Vigo, a partir das 20:30 horas. A entrada é libre.

Ás 23:00, no Pub Quomo, comezará o concerto do Carlos López Cuarteto, liderado polo baterista galego Carlos López. A entrada tamén é libre.

Exposicións

Por outra parte, o Salón do Café Grettel (Praza da Constitución, 10) acolle ata o próximo 20 de xullo a exposición "Jazz. En Vigo e en directo", unha selección de 12 fotografías realizadas por Javier Albertos. Estas fotografías recollen diferentes momentos dos concertos da primeira edición do Festival "Imaxina Sons", celebrada o ano pasado.

A mostra, que pretende acercar a estética do mundo do jazz ao público e servir como catalizador na nova edición do festival, pódese visitar de luns adomingo, das 09:00 á 01:00 horas.

Ademais, na Casa das Artes continúa aberta ao público a exposición "Síncopa Negrita", que trata do deseño dos discos de jazz desde 1940 ata 1990. "Síncopa Negrita" clausurarase o domingo 2 de xullo, coincidindo coa fin desta segunda edición do Festival Imaxina Sons.
Descargar todas as imaxes