Escoitar

O Verbum programa actividades entorno a Martín Códax

O Verbum inicia o martes , día 20, un ciclo de actividades sobre "Martín Códax", unha mixtura entre a tradición e a modernidade galega. Faranse diversas actividades onde se combinen estes dous elementos, tendo coma telón de fondo a tradición das cantigas de Martín Códax.

luns, 19 xuñ 2006
1150719630fachadaverbum.jpg
Esta iniciativa do Verbum comezará o 20 de xuño ás 20.00 horas coa conferencia do escritor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xesús Alonso Montero. Este mesmo día estrearase unha vídeo instalación "Cantigas na ría" na que se poderá ver e escoitar a ría e sobre estes sons irase desenvolvendo os textos das cantigas de Martín Códax. O ciclo rematará o 26 de xullo có concerto do grupo vigués ISGA Collective.

Entre estas dúas datas poderase asistir á presentación o día 27 de xuño ás 20.00 horas do documental "Sete cantigas, sete mulleres" onde podemos ver a sete mulleres de gran peso na sociedade galega actual, Marta Larralde (actriz), Chus Lago (alpinista), Susana Fortes (escritora), Toñi Vicente (restauradora), Uxía Blanco (actriz), Yolanda Castaño (escritora) e Silvia Superstar (cantante do grupo "Killer Barbies"), paseando pola cidade de Vigo, mentres escoitamos na súa propia voz as cantigas de Martín Códax, apoiadas na música do grupo vigués ISGA Collective.

Por outra banda tódolos martes de xullo ás 20.00 horas haberá Arte na Azotea do Verbum, onde poderase escoitar música en directo e atopar outras disciplinas artísticas como poden ser a danza ou a poesía.

Finalmente o 26 de xullo ás 21.00 horas o concerto clausura do grupo ISGA Collective que presentará o seu recente traballo, "A Redeira", no que se interpretan as cantigas de Martín Códax adaptadas ao mundo moderno.
Descargar todas as imaxes