Escoitar

Inaugurado o Centro de Internet de Freixeiro

A concelleira de Participación Cidadá , Marta Iglesias Bueno, e o delegado do Instituto Camões de Vigo, inauguraron o venres o Centro de Internet Municipal instalado nos locais da A.VV. Pontenova-Freixeiro rúa Pastora, 47 Baixo.

venres, 16 xuñ 2006
1150460669futuro8.jpg
O novo centro é o resultado da colaboración entre o Concello de Vigo, o Instituto Camões e a A.VV. Pontenova-Freixeiro: Trátase dun espazo dedicado exclusivamente o uso como centro de novas tecnoloxías, conta con seis equipos informáticos e dúas impresoras láser, con conexión a internet en banda ancha. Este espazo aberto aos veciños e veciñas da de Freixeiro ven a cubrir unha importante carencia neste tipo de centros na parroquia, e permitirá acceder a internet dun xeito libre e gratuíto, así como a súa utilización como apoio ao estudio e a busca de emprego.

Este centro ven a incrementar os centros de internet en funcionamento tanto os existentes nos Centros Cívicos Municipais de Coruxo, Casco Vello, Teis e Saians, como os centros xestionados coas asociacións veciñais das parroquias de Candeán, Sampaio, Bouzas, Matamá, San Andrés de Comesaña e Oia.
Descargar todas as imaxes