Escoitar

Seiscentas familias reciben nas próximas horas licenzas de ocupación en Navia

O protavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, anunciou hoxe xoves que nas póximas horas unhas 600 familias recibirán as licenzas de primeira ocupación doutras tantas vivendas, que forman parte da segunda fase da urbanización de Navia.

xoves, 15 xuñ 2006
1150369907xeren150606.jpg
Estas 600 vivendas véñense sumar ás arredor de 400 xa concedidas. Nestes momentos hai en Navia outras 1.500 vivendas con licenza de obra, o que fai un total, coas anteriores, de aproximadamente 2.600.

José Manuel Figueroa deu conta desta recepción de licenzas na sesión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de hoxe xoves, na cal se acordou, cos votos favorables de PP e PG e a abstención de PSdeG-PSOE e BNG, a aprobación do prego de condicións económicas e administrativas que regularán o alleamento dos aproveitamentos urbanísticos de dúas parcelas, de 550 e 1.370 m2, do polígono delimitado polas rúas San Xoán e Padre Celso.

Ademais, o Consello da Xerencia declarou como realizadas sen axustarse á legalidade urbanística e non legalizables as obras executadas en Camiño Rozo, 53, consistentes no aumento de volume na parte posterior dunha vivenda nunha superficie de 13,5 m2.

Por outra parte, resultou aprobado un acordo polo que se propón á Xunta de Goberno Local a acumulación do procedemento de cambio de sistema de compensación a concerto do polígono UE I-02 Regueiro, co de aprobación do seu proxecto de equidistribución.
Descargar todas as imaxes