VII Ensalzamento do Traxe Galego
A Escola Municipal de Danza e Percusión Galega do Concello e a Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o próximo sábado, día 17, o VII ENSALZAMENTO DO TRAXE GALEGO, que está patrocinado por El Corte Inglés.
O acto consiste nun concurso de traxes nas distintas categorías, na participación no pasacorredoiras pola cidade e a entrega de premios e festival final.
O concurso será ás 17.30 horas no auditorio do Concello onde os participantes, tras inscribirse na Escola Municipal de Danza, presentarán os seus traxes ao xurado a porta pechada.
A concentración para o pasacorredoiras será ás 19:30 horas na praza do Rei. Todas persoas que queiran participar no desfile conmemorativo deste ano, percorrerán as rúas Ronda de Don Bosco, Príncipe, Porta do Sol, Praza da Constitución e rúa Real para rematar no Berbés, engalanados co seu traxe galego
Por último o festival e entrega de premios terá lugar a partir das 21.00, coa actuación da Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra e tres grupos de danza da Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes