mércores, 30 ago 2017
O Concello convoca de novo as axudas para potenciar a participación de deportistas da cidade en competicións federadas de alto nivel. A subvención é de 50.000 euros e poderán solicitala deportistas individuais empadroados en Vigo ou os clubs que os representen.
mércores, 30 ago 2017
O alcalde de Vigo anunciou hoxe que este sábado o Talleres ABC IES Coruxo organiza no pavillón do Berbés o IV Trofeo Concello de Vigo de fútbol sala, co patrocinio municipal. Segundo as previsións, esta cita mobilizará a 120 deportistas. <br />
mércores, 30 ago 2017
"Unha sesión continua". Deste xeito definiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o programa do II Memorial Quino Salvo, que comeza o sábado pola mañá cun torneo de minibasket e remata o domingo co partido Obradoiro-Barcelona (12,15 horas) nas Travesas.
martes, 29 ago 2017
Tras o encontro mantido este martes co novo presidente da entidade, Rafael Tapias Presa, o rexedor explicou que manterá o compromiso co Náutico incluíndo as actividades formativas que imparten dentro das escolas deportivas municipais.
xoves, 24 ago 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou durante a súa visita á exposición fotográfica sobre o baloncesto vigués, na rúa Príncipe, que "este é o Vigo real do deporte, o que nos gusta; esta é unha mostra do que é Vigo e o baloncesto".
martes, 22 ago 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que 400 bicicletas vanse dar cita este sábado e domingo (26 e 27) no Areal, Porta do Sol, Praza do Bicentenario e monte do Castro na cuadraxésimo cuarta edición do Gran Premio Cidade de Vigo de ciclismo, no que competirán equipos de Galicia, Asturias e Cantabria. O Club Ciclista Vigués, organizador do campionato, xestiona tamén a participación de equipos de Portugal e Castela-León.
luns, 21 ago 2017
A cita comeza este mesmo luns nas pistas de tenis de Samil e concluirá a fin de semana dos días 2 e 3 de setembro coas finais. O alcalde vigués agradeceu o traballo da organización "dun dos grandes torneos de tenis de Galicia" e recordou que o Concello xa investiu 120.000 euros na remodelación das pistas de tenis e pádel.
venres, 18 ago 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá uns obradoiros formativos para o deporte coa coordinación de Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo e que "promovemos dende o Concello", anunciou o rexedor.
xoves, 17 ago 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, membros do Club Castrelos 20:30 (José Vidal, Eusebio Alén e Ana Andrés), organizador da proba popular, e varios dos patrocinadores privados, presentaron hoxe xoves a segunda edición da 24 VGO, as xa consolidadas 24 horas de Vigo, unha proba fixada dende as 12:00 horas do sábado 26 de agosto ao mediodía do domingo 27 no circuíto dun quilómetro do parque de Castrelos.
venres, 11 ago 2017
A Xunta de Goberno Local autoriza cambios técnicos para asegurar a cuberta na parte onde ataca o vento do sur en Balaídos. A obra, financiada de forma íntegra por Concello e Deputación, ten un importe de 5,5 millóns de euros.