luns, 5 xuñ 2017
A nova edición do programa patrocinado polo Concello desenvólvese dende o 10 de xuño ata o 2 de xullo de 2017 coas modalidades de balonmán, tenis, voleibol, futvolei, fútbol e cachibol.
venres, 2 xuñ 2017
Caballero recibiu este venres a todos os estamentos implicados na Copa Vigo de fútbol afeccionado, competición que entrou na súa recta final tras unhas primeiras roldas nas que participaron 17 equipos masculinos e 6 femininos.
venres, 2 xuñ 2017
Caballero destaca que "só nestes dous meses a atención ao deporte é maior que a de outros alcaldes en todo o seu mandato". O Concello acometerá obras nos campo de fútbol de Sárdoma e Carballal e no pavillón de Monte da Mina, cubrirá a piscina da Etea, substituirá os pavimentos de Teis, a pista vermella de Travesas, as pistas de tenis de Samil e o campo de béisbol das Plantas.
xoves, 1 xuñ 2017
A quinta edición da Nocturna Correndo por Vigo, patrocinada polo mercado das Travesas e os comerciantes da zona (Aetravi), disputarase este ano o vindeiro día 10 ás 22:00 horas, segundo anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, na presentación do evento dentro do propio mercado, que o rexedor visitou tamén aproveitando o acto.
martes, 16 mai 2017
Abel Caballero indicou que a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio por 20.000 euros coa SCD Atlántida de Matamá, entidade de elite que milita na Segunda División Nacional Feminina e que ademais desenvolve un programa de promoción do deporte de base en Vigo. Para base e elite, o Concello destina case 2 millóns de subvencións este ano.
martes, 16 mai 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu o bandeirazo de saída á Vigo Cup 2017, que este ano terá "dous apartados distintos porque incorpora o fútbol sala ao fútbol e fútbol 7", explicou o rexedor.
venres, 12 mai 2017
Caballero recibiu este venres ás xogadores e corpo técnico e directivo do U.B. Lavadores, que afrontan esta fin de semana a fase de ascenso á División de Honra B Nacional Feminina, con partidos o venres, sábado e domingo no pavillón municipal de Lavadores. O alcalde felicitou ao club e amousou a súa confianza nas xogadoras para lograr o obxectivo, pese á dificultade.
venres, 12 mai 2017
O alcalde de Vigo deu conta da licitación das obras de reforma do pavillón Monte da Mina-Castrelos que arrancarán no próximo mes de xullo. As obras, que requiren actuar sobre os cimentos das instalacións por deslizamentos do terreo, ascenderán a 260.000 euros.
mércores, 10 mai 2017
O alcalde invitou a toda a cidadanía a participar desta carreira non competitiva que discorrerá un ano máis en Samil, este ano co obxectivo de chegar aos 10.000 participantes. Vigo acolle a única Holi Run de Galicia, unha proba de 5 quilómetros de ámbito lúdico, con explosións de cor e animación.
venres, 5 mai 2017
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe a trixésima edición da Festa Infantil do Kárate, organizada pola Agrupación Deportiva Zanshin e apoiada polo Concello, que se vai celebrar este sábado (17:00 horas) no pavillón de Bouzas con entrada gratuíta.<br />