O programa de Escolas Deportivas Municipais de Vigo incorpora a seis novos clubs da cidade
Abel Caballero informou este mércores de que o programa de Escolas Deportivas Municipais incorpora a seis novos clubs da cidade e inclúe os dous novos pavillóns de Quirós e Romil. O concello adica case 400.000 euros ás dos vindeiras edicións da iniciativa.
As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Vigo incorporarán esta temporada a seis novos clubs da cidade e aos dous novos pavillóns. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que a nova edición do programa supón un investimento de case 400.000 euros para que "os nenos e as nenas da cidade fagan deporte". O rexedor tamén indicou que hai case 5.000 insctritos e que se incorporań as novas instalacións deportivas que abrirán en Romil e Quirós.