venres, 22 set 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe venres a segunda edición do Memorial Pablo Beiro, Trofeo Cidade de Vigo, de baloncesto adaptado, que se xoga este sábado no polideportivo boucense Pablo Beiro (19:00 horas) entre o C.D. Amfiv e o Getafe BSR.
xoves, 21 set 2017
Abel Caballero presentou este mediodía a segunda edición do Memorial Paco Araújo de baloncesto feminino, que se desenvolverá no multiusos municipal de Navia mañá venres ás 20:30 horas co enfrontamento do Celta-Zorka -Uni Ferrol
mércores, 20 set 2017
O alcalde de Vigo asegurou que esta proba xa forma parte do calendario deportivo vigués e auguroulles o mellor dos éxitos. Xa son 500 os inscritos que o próximo domingo 24 van nadar 1,9 quilómetros, percorrer 90 quilómetros en bicicleta e correr 21 quilómetros.
venres, 15 set 2017
Xa está aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais que este ano ofertan 5.000 prazas en 28 disciplinas diferentes. Tal e como avanzou esta mañá o rexedor as actividades comezarán o día 1 de outubro.
venres, 15 set 2017
Así o indicou este venres o alcalde, despois de anunciar a contratación da redacción do proxecto dun novo pavillón deportivo en Quirós (Sárdoma), por importe de 3 millóns de euros. O Concello reserva 8,6 millóns para novos pavillóns deportivos, melloras nos actuais e a renovación do céspede de dez campos de fútbol.<br />
venres, 15 set 2017
O alcalde dá conta da evolución das obras no Estadio Municipal onde xa está o guindastre de grande tonelaxe que dende o luns comezará a instalar a estrutura da nova cuberta. Respecto da iluminación, no próximo partido de Liga, Balaídos contará con 80 focos en Río e un total de 310 no conxunto do estadio, unha cifra similar ao de finais da pasada tempada.
luns, 11 set 2017
O rexedor participou este luns na presentación do programa da Semana Abanca que se desenvolve entre o 16 de setembro e o 11 de novembro nas rías de Vigo, Baiona, Pontevedra, Ares e Sada e que este ano inclúe o piragüismo como novidade. Haberá tamén competicións de vela e remo coa previsión de que participen máis de 2.500 deportistas, polo que Caballero felicitou á organización, aos patrocinadores e a todos os participantes polo éxito desta nova edición. <br />
luns, 11 set 2017
O goberno local renovará as infraestruturas deportivas cun investimento 8,5 millóns de euros. Concretamente, aludiu á reforma dos pavillóns de Río, Quirós, Romil, aos que hai que engadir o cambio do céspede en dez campos.
venres, 1 set 2017
Abel Caballero presentou este venres a XVIII Supercopa de España de balonmán feminino que enfronta mañá ao Mecalia Guardés e o Rocasa Gran Canaria (18:00 horas, As Travesas) e felicitou a Carlos Viver, seleccionador nacional absoluto feminino, "por tantos éxitos e avances na modalidade".
venres, 1 set 2017
O alcalde de Vigo transmitiulle os seus parabéns ao Club Natación Vigo Rías Baixas "polo xeito que estades movendo a natación en Vigo", durante a presentación da segunda edición da Travesía a nado Vigo Rías Baixas, que se celebrará este domingo (10:30 horas) na praia de Ríos, en Teis.