Escoitar

O Concello renova o seu apoio ao Triatlón Desafío Santander Illas Cíes, que se celebra este domingo

O alcalde, Abel Caballero, amosou a súa satisfacción por poder participar este mércores na presentación da sétima edición desta esixente proba deportiva, que o Concello vén apoiando desde o seu inicio, tal e como destacou o primeiro edil.

mércores, 18 set 2019
1568810263180919DesafioSantander_01.JPG
A sétima edición do Triatlón MD Desafío Santander Illas Cíes, Campionato Galego de Media Distancia, disputarase este domingo, 22 de setembro, baixo a organización da Asociación Deportiva Augas Abertas e co apoio do Concello de Vigo.

A organización prevé a participación este domingo de medio millar de atletas, que cubrirán a distancia dun medio Ironman: 1,9 quilómetros de natación, 90 de ciclismo e outros 21 quilómetros de carreira a pe. A cita comeza coa natación na viguesa praia do Vao, para continuar cun circuíto ciclista entre Vigo e Nigrán e finalizar coa carreira a pé entre os areais do Vao e de Samil, onde finaliza.

A Asociación Augas Abertas de Galicia, con sede en Vigo, leva dez anos organizando a Travesía a Nado das Illas Cíes e outros sete celebrando o triatlon do mesmo nome, poñendo en valor o entorno natural da ría e do arquipélago vigués.
Descargar todas as imaxes