Escoitar

129 estudantes do programa municipal "Vigo en Inglés" partiron hoxe ao Reino Unido

O rexedor apuntou que Vigo é "en relación á poboación, a cidade do mundo que dá máis bolsas para estudar inglés" e que este ano gozarán do programa de inmersión lingüística do Concello un total de 900 estudantes, o que supón un investimento de máis de 2 millóns de euros. Este mércores saíron do aeroporto de Vigo 129 mozas e mozos con destino ao Reino Unido, polo que o alcalde, que acudiu a despedilos e saudar ás familias, advertiu que "en calquera momento poden ver a onda vermella" na terminal viguesa.

mércores, 18 set 2019
1568810208180919VigoenIngles_03.JPG
Descargar todas as imaxes