Escoitar

O alcalde augura o éxito da Semana Abanca en Vigo

Durante a presentación das actividades desta edición 2019 da Semana Abanca na cidade, Abel Caballero felicitou á organización e aos clubs participantes por conseguir levar adiante un evento destas características.

martes, 3 set 2019
1567515067SEMANAABANCA.jpg
Durante este mes de setembro, Vigo será referencia nos deportes de mar coa celebración do Trofeo Concello de Vigo de piragüismo e vela que se desenvolve ao longo de cinco xornadas en Teis, Canido e Bouzas con preto de 1.800 participantes.

O alcalde participou este martes na presentación das actividades da Semana Abanca en Vigo e felicitou á organización, aos clubs participantes e aos deportistas pola calidade amosada durante a competición ao longo da súa traxectoria e polo éxito que augurou á edición deste ano.

O 7 de setembro terá lugar na ETEA o Trofeo Concello de Vigo de kayak de mar, o 14 e 15 de setembro en Canido, celébrase o Trofeo Concello de Vigo de vela lixeira para as clases 420, Vaurien e os Láser con máis de 200 regatistas de Galicia, Portugal, Cataluña, País Vasco e Cantabria. As competición rematan o sábado 21 na ETEA, o Trofeo Concello de Vigo de kayak pista e o domingo 22 con saída fronte a Bouzas, o XV Trofeo Vila de Bouzas-Concello de Vigo de Cruceros ORC, monotipos J80, categoría Sub-23 e Solitarios e A Dous.
Descargar todas as imaxes