venres, 6 set 2019
Abel Caballero mantivo un encontro este venres co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, tamén alcalde de As Pontes, no que trataron cuestións relacionadas co financiamento tanto dos concellos como das deputacións, coa vista posta nas perspectivas económicas e coa intención de seguir mantendo o contacto no futuro sobre o financiamento dos Concellos.
venres, 6 set 2019
O alcalde de Vigo ofreceu este venres os datos de afluencia turística rexistrados o mes de agosto, cando a cidade bateu un novo récord de ocupación hoteleira cun 88,54 por ciento. "É un gran ano e un gran mes de agosto, batendo récords, o mellor resultado da historia turística da cidade en un mes tan importante, a nosa vocación turística estase a afianzar", sinalou.
venres, 6 set 2019
O alcalde de Vigo animou a toda a cidade a achegarse á Festa do Marisco que se celebrará esta fin de semana no Porto Pesqueiro de Vigo. Acompañado polo pregoeiro, o actor Xosé Antonio Touriñán, Caballero felicitou á organización e augurou o mellor dos éxitos "á mellor festa do marisco do mundo".
venres, 6 set 2019
A terraza do Auditorio acollerá este sábado (20:30 horas) o concerto do grupo Mi Capitán como epílogo das festas de verán. A entrada é gratuíta ata completar o aforo. O mesmo escenario xa acolleu a semana pasada as actuacións de Pedro Guerra e Uxía, o pasado 29 de agosto, e o de Mikel Erentxun), o día 31.
venres, 6 set 2019
O alcalde e o director da Axencia Europea de Control de Pesca en Vigo, Pascal Savouret, acordaron hoxe nunha reunión solicitar a celebración da data para que a cidade asuma o protagonismo en toda Europa dunha xornada dedicada a estudar, vivir e coñecer o mar. Así, o rexedor avanzou que enviará a petición por carta aos ministerios de Exteriores e de Pesca para que Vigo sexa a sede do Día Marítimo Europeo.
venres, 6 set 2019
O concelleiro de Deportes e o director de Operacións de Máis que Auga, Fran Cortegoso, presentaron hoxe a iniciativa "Descobre o pádel co Concello de Vigo", un novo programa do 9 ao 22 de setembro nas instalacións municipais de Máis que Auga en Navia e Barreiro para a promoción da modalidade.