xoves, 8 abr 2021
Unha vez retirada a torre de iluminación de Tribuna-Marcador, a semana que vén comezará a desmontaxe da grada de Gol, para o que será preciso cortar ao tráfico a rúa Olímpicos o 14 e o 15 de abril. Prosegue así a reforma dunha grada cun importe total de 15,5 millóns achegados ao 50% por Concello e Deputación.
xoves, 8 abr 2021
O Concello aprobou as bases e a convocatoria deste ano, á que poderán optar clubs sen ánimo de lucro. O alcalde puxo en valor o incremento na contía, que no 2015 era de 430.000 euros, e trasladou que tamén se aprobou a subvención de 100.000 euros ao Coruxo como entidade de elite.
luns, 29 mar 2021
A reforma do estadio de Balaídos avanza e xa se iniciou a desmontaxe da torreta de iluminación da grada de Marcador ademais de comezar coa retirada de asentos. A previsión é arrancar no verán coa retirada do groso da instalación.
mércores, 24 mar 2021
O goberno municipal celebrou este mércores o “acto simbólico” de colocación da primeira pedra da nova grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos, no que estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o delegado de Zona Franca en Vigo, David Regades, edís do goberno municipal, representantes das peñas do Celta e o cronista oficial da cidade, Ceferino de Blas.
luns, 22 mar 2021
Ministerio e Federación abrirán un canal de comunicación que permita avanzar na definición do modo de prantexar a xestión de proxectos nese ámbito. Caballero valorou moi positivamente as reunións celebradas con membros do Goberno e recordou próximos encontros con vicepresidencias e secretarías de Estado.
xoves, 18 mar 2021
Atendendo aos cambios da normativa sanitaria, o alcalde anunciou hoxe a posibilidade de xogar partidos amistosos nos campos municipais sempre que o autorice a Federación Galega de Fútbol. Ademais, desde o luns 22 de marzo, estará permitido ao acceso de público -con restricións de aforo – nos partidos de equipos de categoría nacional, a maiores de manterse nas competicións de elite, como xa fora anunciado.
martes, 16 mar 2021
Caballero fará entrega de xeito simbólico da subvencióna aos clubs de elite esta tarde no Pavillón das Travesas. O importe das achegas municipais ascende a 446.500 euros.
mércores, 10 mar 2021
Dada a situación epidemiolóxica e segundo as normas establecidas pola autoridade sanitaria, o Concello autorizará a presenza de público nas competicións de equipos de elite en instalacións municipais. O protocolo establece que non se superarán os 150 espectadores, sempre que este volume non supoña superar o 30% da capacidade do recinto e se garanta una separación interpersoal de 1,5 metros.
martes, 9 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a transferencia de financiamento do goberno municipal á Fundación Marco que supón o 72% do seu orzamento para 2021. Tamén deu luz verde á achega de 125.000 euros para da Fundación Vigo en Deporte e 70.000 euros para programas de Benestar.
mércores, 3 mar 2021
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron aos clubs que alí compiten o proxecto de mellora do recinto, obras que se acometerán no verán para non interferir coa actividade deportiva e que dotarán ao campo dun céspede de herba artificial de última xeración e de novas instalacións eficientes de iluminación e auga quente.