Caballero di que a Run Run Vigo volve con "récord histórico de probas"

martes, 25 xan 2022

Abel Caballero, alcalde de Vigo, presentou hoxe o Run Run Vigo 2022, o circuíto de carreiras populares da cidade, que comeza este domingo coa Subida ao Castro (10:00 horas) e rematará coa Érguete e Corre (11 de decembro). Entre elas, Calvario 5+5 (13 de febreiro), que xa ten aberto o prazo de inscrición, 10K de Teis (6 de marzo), Vig-Bay (10 de abril), Carreira da Cereixa (29 de maio), Correndo por Vigo (11 de xuño), Nocturna de San Xoán (23 de xuño), 10K do Berbés (11 de setembro), Vigo contra o Cancro (16 de outubro) e Vigo+11 (13 de novembro).

O alcalde recibe a unha representación do Club Montañeiros Celtas

martes, 28 dec 2021

Abel Caballero mantivo un encontro este martes con seis rapazas e rapaces do Club que veñen de participar na Copa Galega de Escalada onde acadaron bos resultados, tal e como lle transmitiron ao rexedor, que aproveitou a ocasión para trasladarlles os seus parabéns e interesarse polas próximas competicións. Na recepción estivo tamén a presidenta do Club, Carmen Pérez Orge

Concello e Fundación Española do Corazón cooperarán para facer de Vigo unha cidade cardiosaudable

luns, 20 dec 2021

O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da FEC, o doutor Carlos Macaya, asinaron este luns un convenio marco para converter a Vigo nunha urbe cardiosaudable, fundamentalmente a través de accións de prevención. No 2020, 328 persoas morreron diariamente por enfermidade cardiovascular en España e o 80% pódense evitar a través da alimentación e o exercicio físico.

O Concello poderá ofrecer ata 57 prazas na futura escola infantil da Praza da Industria

xoves, 25 nov 2021

O goberno de Vigo aprobou este xoves o proxecto para adaptar o baixo do edificio municipal do Camiño do Chouzo, cun orzamento de 627.000 euros. O alcalde solicitou que sexa financiada cos fondos europeos que o Goberno de España transfire á Xunta e recibiu o beneplácito da ministra de Educación, segundo afirmou.