Escoitar

O goberno local adxudica as obras do parque de Navia

O alcalde deu conta da da aprobación na Xunta de Goberno que terá lugar este venres onde se aprobará un investimento de 1.500.000 euros para arborado e reordenación do parque. Na orde do día tamén figura a renovación das instalacións da piscina de Travesas e a contratación do mobiliario do novo parque de bombeiros en Tomás Alonso.

xoves, 31 ago 2023

Abel Caballero deu conta da aprobación na Xunta de Goberno de mañá da contratación das obras para o novo arborado e reordenación do parque de Navia, Nelson Mandela, cun importe de 1.500.000 euros e un prazo de execución de 5 meses. “É unha adaptación desde o punto de vista paisaxístico, con conexión á rúa Teixugueiras”, informou o rexedor.

Tal e como recolle a memoria do proxecto, a actuación contempla a mellora das conexións entre os espazos interiores do parque coa rúa Teixugueiras, a implantación de xardinería e arborado, a reordenación do parque por zonas: auditorio ao aire libre, xogos de Teqball, zona canina, labirinto vexetal, zonas de relax e lectura, zonas de esculturas; a renovación da rede de rega e a instalación de novo mobiliario urbano.

Piscina de Travesas

O alcalde tamén deu conta da contratación da renovación das instalacións da piscina de Travesas cun importe de case 700.000 euros e un prazo de execución de 2 meses. O obxectivo é mellorar as instalacións térmicas e eléctricas da piscina con novos equipos de deshumectación do aire dos espazos con recuperación de calor, novas caldeiras e bomba de calor e medidas de eficiencia enerxética. Tamén lembrou Caballero que recentemente se aprobou o proxecto para a reforma da piscina de Teis, para a que o goberno local adicará “millóns de euros”.

Parque de bombeiros

Outro dos asuntos que se aprobarán na Xunta de Goberno deste venres será a contratación do mobiliario cun importe de 150.000 euros. Caballero puxo en valor a renovación das instalacións de bombeiros estes anos, co novo parque en Tomás Alonso, actualmente en execución, y que ten un importe de case 3 millóns de euros. Amais, lembrou que no 2015 se renovaron as instalacións do parque de bombeiros de Teis cun importe de 1.364.000 euros.

Descargar todas as imaxes