martes, 29 ago 2023
O Concello planifica un total de 24 voos que partirán do aeroporto de Vigo con destino a Reino Unido e Irlanda cos 925 alumnas e alumnos vigueses que aprenderán inglés co programa municipal de inmersión lingüística.
martes, 29 ago 2023
Abel Caballero mantivo un encontro este martes con Enrique Lorenzo, presidente da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, e da Federación de Bandas de Música da cidade, dúas entidades con “grande presenza en Vigo” xa que o apoio municipal, cunha subvención superior aos 400.000 euros, “permite que os concertos estean proliferando por toda a cidade”, segundo sinalou o rexedor. As bandas de música viguesas ofrecerán durante este mes de setembro concertos os sábados en Teis, diante do mercado, e os domingos, ás 12:30 horas, na Praza da Independencia e ás 19:00 horas no auditorio exterior de Castrelos.
martes, 29 ago 2023
Abel Caballero recibiu aos medallistas do Mundial de Vaurien celebrado en xullo en Le-Havre (Francia). Os regatistas acadaron primeiros e segundos postos en distintas categorías: absoluta, mixto, xuvenil, feminino e máster. O alcalde animou aos deportistas a seguir co seu talento e puxo de manifesto a importancia que ten a náutica en Vigo con campións deportivos como Tone Pérez, Paloma González, Pedro Salgado e Miguel Viejo e Nico González e Martín Pérez, Paula González e Ana Santirso, Paula Ríos e Malena Fontán en Nacho Campos e Yolanda Bastos.