Loito oficial no Concello polo falecemento de Manuel Soto
xoves, 28 nov 2019Decretados dous días de loito oficial no Concello, que habilita este xoves un libro de firmas e condolencias no salón de plenos, de 16 a 20h
Decretados dous días de loito oficial no Concello, que habilita este xoves un libro de firmas e condolencias no salón de plenos, de 16 a 20h
Abel Caballero chamou á mobilización social para facer fronte á violencia machista e informou do envío dun telegrama ao alcalde de Valga tralo "terrible crime de" acontecido hoxe neste concello.
O Concello de Vigo ofreceu este martes, nos Xardíns da Memoria Histórica do Cemiterio de Pereiró, un homenaxe aos exalcaldes de Vigo e Lavadores, Martínez Garrido e Antela Conde, respectivamente, asasinados polo alzamento do fascismo en agosto de 1936. Asistiron ao acto as fillas do tamén asasinado deputado socialista Antonio Bilbatúa.
Abel Caballero formalizará a petición de retirada da candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade a través dunha carta que lle enviará ao presidente da Xunta, ao ministro de Cultura e ao Consello de Patrimonio Español. A proposta autonómica, que non reúne os requisitos esixidos pola Unesco, tiña como único obxectivo obstaculizar a candidatura das Illas Cíes, a única proposta solvente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de industrias Metalúrxicas (Asime), será o encargado de ler o pregón do Día de Galicia en Vigo. O acto celebrarase este martes ás 20:00 horas no Pazo de Castrelos.
O alcalde de Vigo destacou este mércores na toma de posesión do novo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, que este organismo "é, e ten que ser, unha gran institución mobilizadora de economía". Abel Caballero incidiu en que este acto ten"un profundo contido persoal, político pero sobre todo de cidade". "É un paso máis na consolidación dun proxecto que pertence a Vigo".
A sesión deste xoves do Pleno da Corporación deu lectura ao texto, unha declaración institucional promovida pola Fundación Secretariado Xitano co acordo dos tres grupos políticos con representación municipal. A concelleira de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, foi a encargada da súa lectura.
Á iniciativa pola FEMP -presidida por Abel Caballero-, Vigo amosou este venres ante o Concello a súa "repulsa" polo atentado "cruel, inhumano e cargado de odio" de onte en Cataluña e trasladou "unha aperta chea de afecto e cariño ás vítimas, aos feridos e aos seus familiares". "Hoxe todos somos Barcelona", concluíu o alcalde.