Escoitar

Loito oficial no Concello polo falecemento de Manuel Soto

Decretados dous días de loito oficial no Concello, que habilita este xoves un libro de firmas e condolencias no salón de plenos, de 16 a 20h

xoves, 28 nov 2019
O alcalde, Abel Caballero, vén de decretar dous días de loito oficial no Concello de Vigo polo falecemento de Manuel Soto, alcalde da cidade desde 1979 ata 1991. As bandeiras na Casa Consistorial xa ondean a media hasta.

Desde ás 16 horas ata as 20h deste xoves, o Concello pon a disposición da cidadanía un libro de firmas e condolencias no salón de plenos municipal.