Declaración institucional do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
Bertila Fernández Pérez, de FOANPAS, en representación do Consello da Muller deu lectura na sesión plenaria ao manifesto con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
"Os casos de violencia de xénero en menores multiplícanse por oito en catro anos e suben un 20% os delitos sexuais". "Un home mata a tiros á súa exmuller, á súa exsogra e á súa excuñada diante dos seus dous fillos". "Pasei un calvario, estou viva de milagro: di unha muller violada e retida 19 días". "Atopan a unha muller transexual asasinada con 15 puñaladas en Avilés". "As traballadoras do fogar de orixe extranxeira son as principais vítimas de acoso laboral". "A investigación polo intento de secuestro de tres nenas en A Laracha amplíase a toda Galicia".
Minutos de silencio, concentracións, mobilización nas redes... Todo isto é necesario porque visibiliza o problema, pero temos que ir máis alá. Berremos! Berremos ben alto e forte e poñámonos mans á obra. Camiñamos realmente cara a unha sociedade igualitaria ou só quitamos pequenas pedras do camiño e deixamos as de grande tonelaxe?
Estes últimos anos observamos unha maior sensibilidade social sobre as violencias contra as mulleres no clamor popular xurdido a raíz de sentenzas como as das "manadas". Pero non somos unha moda pasaxeira, o movemento feminista ten iniciado este camiño dende fai tempo e seguirá empurrando esas rochas pesadas para seguir defendendo o acadado e loitando polo que nos corresponde por xustiza e por dereito.
Precisamos das Administracións, que faciliten os recursos necesarios para previr a violencia, pero tamén para intervir cando esta se produce. Unha lexislación moderna, axeitada á realidade e que dea unha resposta contundente ás violencias, sen deixar lugar a interpretacións subxectivas perversas.
Precisamos de profesionais con formación de calidade, con sensibilidade e con empatía. Profesionais dos corpos e forzas de seguridade, da sanidade, do eido social, da avogacía, do eido xudicial.
Precisamos da sensibilidade e da implicación dos partidos políticos. Usen o altofalante da súa posición para enviar unha mensaxe clara a toda a sociedade e confronten con datos e argumentos a quen tapa o souto cunha soa árbore.
Precisamos dunha corresponsabilidade e unha conciliación reais e efectivas. 9 de cada 10 coidadoras en España son mulleres. Máis do 60% das mulleres en España realizan sempre ou case sempre soas as labores domésticas. Diferentes estudos mostran que a crianza é o inicio da fenda salarial e de pensións.
Precisamos medios de comunicación e publicidade que non cousifiquen á muller, que non nos teñan de floreiros, que non sigan perpetuando estereotipos machistas, que non traten de igual maneira a vítimas e verdugos, que nos dean visibilidade e importancia en minutos de ouro, que respecten a nosa profesionalidade e valía.
E precisamos unha sociedade na que camiñemos pola rúa sen medo, na que sexamos libres de ser o que somos, cos nosos corpos, as nosas tallas, as nosas identidades, as nosas procedencias, as nosas diversidades funcionais. Unha sociedade libre de machismo, de sexismo, de racismo, de gordofobia, de capacitismo, de xenofobia, de homofobia, de transfobia, en definitiva, libre de violencias.
Porque esta sociedade é machista. Esta sociedade é violenta, especialmente coas mulleres, por ser mulleres, porque hai un estereotipo de muller que nos di canto temos que pesar, como temos que vestir, como temos que falar, como temos que comportarnos, en que debemos traballar, ata que punto podemos ter ambicións laborais, cal é o noso lugar. Se saímos deste prototipo, esta sociedade machista violéntanos, a nós, mulleres, e a todo o que se relacione co feminino.
Asasinatos, abusos sexuais, maltrato, trata de mulleres, prostitución, violacións.
E isto repercute só nas vítimas? Pois non, isto aféctanos a todas e a todos, porque si, se tocan a unha tócannos a todas. E si, as vítimas tamén pertencen a un círculo familiar, de amizades... Cando un home asasina a unha muller, que pasa coas súas crianzas? Como afrontan unha nai e un pai a violación da súa filla? E cando unha crianza transexual se suicida, que pasa na súa familia? E cando explotan sexualmente a unha muller, que pasa con ela e o seu entorno?
Esta é a nosa realidade, non miremos cara a outro lado, actuemos e fagámolo xa. Agarrémonos á rocha máis pesada, a do patriarcado, e desfagámola en anacos. Demos un paso ao fronte e soltemos privilexios, dannos comodidade pero son opresores que non deixan vivir en liberdade á metade da poboación mundial.
Estamos a tempo de construír outra sociedade e temos a ferramenta máis eficaz para facelo: a EDUCACIÓN!
Eduquemos ás nosas fillas e aos nosos fillos en igualdade, dándolle ferramentas para que sexan persoas autónomas, con personalidade, con sentido crítico, capaces de xestionar as súas emocións, que resolvan os seus conflitos sen violencia, que se saiban coidar a si mesmos e que poidan coidar ás demais persoas e ao seu entorno, que manteñan relacións afectivas e sexuais sas e plenas.
A aprendizaxe de anteriores xeracións foi erróneo en materia de igualdade, máis ben non existiu. O patriarcado marcou esta educación xeración tras xeración. É evidente que non é o axeitado, que é violento, segregador, machista, escuro...
Temos que deconstruír nese senso, darlles ferramentas educativas ós nenos para que constrúan unha nova masculinidade, para mudar a sociedade e rematar con esta lacra da violencia contra as mulleres. Na educación está o futuro.
Unha educación na que o respecto, a diversidade, a tolerancia, a solidariedade e a sororidade sexan os piares básicos para construír unha sociedade libre e xusta, na que poidamos convivir en paz.
Educación, convivencia, feminismo. Traballemos unidas, tendamos pontes e creemos sinerxias que fagan máis potente a nosa voz e máis significativa a nosa presenza social.