luns, 28 nov 2016
O Pleno do Concello aprobou na sesión deste luns 28 de novembro a declaración institucional coa que se suma á declaración de París por unha acción acelerada nas cidades para poñer fin á epidemia da SIDA para o 2030.
luns, 25 abr 2016
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns unha declaración institucional promovida e asinada polos tres grupos políticos con representación municipal, para "reafirmar" o seu "compromiso co futuro en liberdade do pobo saharauí".<br />
mércores, 30 mar 2016
A Corporación Municipal aprobou este mércores unha declaración institucional na que amosa a súa desaprobación ao acordo acadado entre os Xefes de Estado e do Goberno da Unión Europea con Turquía que contempla a devolución a este país de todos os emigrantes, incluídos os demandantes de asilo sirios.
luns, 26 out 2015
O Pleno Municipal acordou hoxe aprobar esta declaración de rexeitamento da violencia de xénero que pode consultarse no documento anexo.
martes, 8 set 2015
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo celebrado este martes acordou o texto recollido a continuación sobre a crise migratoria e a situación dos refuxiados que chegan a Europa. Na nomeada declaración, o Concello de Vigo comprométese a sumarse a denominada rede de cidades-refuxio.
martes, 14 abr 2015
O alcalde e numerosos edís da Corporación municipal de Vigo participaron este martes nunha concentración silenciosa organizada na Praza do Rei en apoio á muller viguesa acoitelada o pasado domingo presuntamente pola súa ex parella. Abel Caballero trasladou "todo o noso cariño" á vítima e "o noso rexeitamento e desprezo ao maltratador".
luns, 13 abr 2015
Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional continúan coa sua proposta O Escaparate, dirixida a artesáns e artesás que estean interesados en expoñer as súas creacións no Centro de Artesanía Tradicional CAT Vigo. A partir do 22 de abril exhibirase a obra da artesá ilustradora e decoradora de teas Ánxeles Rodríguez Ferrer.
venres, 12 dec 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou este venres o acto de inauguración da nova Praza da Industria Conserveira, na confluencia de Beiramar coas rúas Coruña e Jacinto Benavente, un recoñecemento da cidade a unha actividade económica "tan importante" para o progreso de Vigo.
luns, 1 dec 2014
Os tres grupos políticos con representación municipal acordaron este luns a redacción dunha declaración institucional instando ao goberno galego a "paralizar cautelarmente a concesión do servizo de mantemento" no hospital, para garantir a calidade e continuidade do mesmo e todos os postos de traballo cando funcione o novo centro hospitalario.