Escoitar

Caballero esixe a retirada da candidatura da Illas Atlánticas ao non cumprir os requisitos da Unesco

Abel Caballero formalizará a petición de retirada da candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade a través dunha carta que lle enviará ao presidente da Xunta, ao ministro de Cultura e ao Consello de Patrimonio Español. A proposta autonómica, que non reúne os requisitos esixidos pola Unesco, tiña como único obxectivo obstaculizar a candidatura das Illas Cíes, a única proposta solvente.

luns, 26 ago 2019
1566824217rueda.JPG
O alcalde enviará ao presidente da Xunta, ao ministro de Cultura e aos integrantes do Consello de Patrimonio Español unha carta na que lle solicita ao goberno galego retirada da candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade. En verbas de Abel Caballero, é unha proposta improvisada para obstaculizar a das Illas Cíes promovida desde Vigo, "non foi máis que un golpe de man para paralizar a das Cíes, por razóns estritamente políticas".

En rolda de prensa, lembrou que a candidatura da Xunta está "baseada nunha mentira, é endeble" posto que nunca reunirá os requisitos esixidos pola Unesco. A Illa de Cortegada é un sistema xeolóxico diferente, a de Ons ten a oposición frontal e total dos veciños e do alcalde de Bueu e, por último, a de Sálvora ten preto un enorme vertido aínda que este sexa legal. Con todo, subliñou, só cumpre os requisitos a das Illas Cíes, a candidatura promovida desde Vigo. Baixo estes argumentos, o alcalde solicitará a inmediata retirada da proposta autonómica e así llo comunicará tamén ao Consello de Patrimonio Español, formado por un representante do Ministerio de Cultura e outro de cada unha das dezasete comunidades autónomas.
Descargar todas as imaxes