Caballero: "A proposta do Concello para a Biblioteca do Estado satisfai ao Goberno"
O alcalde de Vigo informou este luns de que o Ministerio de Cultura aceptou a proposta do Concello para construír a Biblioteca do Estado nunha parcela municipal da rúa Lalín. "É a única opción que existe, máis pronto que tarde teremos a nova infraestrutura", sinalou o rexedor.
O Goberno de España aceptou a proposta do Concello de Vigo para construír a Biblioteca do Estado nunha parcela municipal da rúa Lalín. Así o avanzou o alcalde Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación na que explicou que os técnicos deron o visto e prace á nova infraestrutura.
"Xa todo o mundo sabe que a proposta do Concello de Vigo é a boa, a única que existe, a única que Vigo oferta para que se estableza a Biblioteca, a outra, a dos edificios, está descartada", sinalou o rexedor.
Caballero indicou que a construción da Biblioteca "foi paralizada polo Goberno de Rajoy durante dez anos", pero que "felizmente" o Goberno actual a ve con "simpatía" ."Enviou aos seus técnicos a estudar a proposta, sé que satisfai, sé que reúne os requisitos técnicos, polo que máis pronto que tarde confío en que teñamos en construción a biblioteca", sinalou.
Ademais, o alcalde lembrou que durante o seu mandato abríronse as bibliotecas Neiras Vilas, Auditorio Mar de vigo, Casa do Patín e agora está en trámites a da Biblioteca de Teis.