Posta á venda das entradas para o IMAXINA SONS'14

luns, 16 xuñ 2014

Hoxe luns, día 16, puxéronse á venda as entradas para a décima edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'14, que terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo; os concertos de pagamento desenvolveranse no Auditorio Municipal do Concello (5 € + gastos de xestión), e no salón de actos do Marco (3 € + gastos de xestión).As entradas poden mercarse anticipadamente no servizo de Servinova (www.servinova.com, ou no teléfono 902.504.500) e na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno, 26).

Inauguración da exposición Afinidades Selectivas 7 na Casa Galega da Cultura

mércores, 11 xuñ 2014

Este mércores día 11 de xuño, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura a exposición "Afinidades Selectivas 7", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo. A mostra da continuidade a un proxecto iniciado no ano 2008, baixo o comisariado de Susana Cendán, e que continua a evolucionar nesta sétima edición, xa perfectamente integrado na axenda cultural da cidade de Vigo.

Xornadas "Arte en acción" na Fundación Laxeiro

martes, 10 xuñ 2014

A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas e maila Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza unhas xornadas de arte de acción, de investigación e divulgación de aspectos que conforman a arte do noso tempo. As xornadas terán lugar o martes e mércores na sede da Fundación Laxeiro.

O MARCO inaugura a exposición ‘EIDOS DA IMAXE. GRAFÍAS DOS FEITOS E DO PENSAMENTO’

venres, 6 xuñ 2014

O Marco inaugura hoxe a mostra "Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento", comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, un proxecto realizado en colaboración coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.Pola tarde, ás 20.00, durante a inauguración da exposición, terá lugar a performance Mapamundi accidental (2014), do artista Juan Fernando de Laiglesia, participante na exposición.

Programa do "III FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO"

mércores, 4 xuñ 2014

Do 4 ao 8 de xuño, celébrase a terceira edición do "Festival Primavera do Cine", organizado polas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. Dun total de case 200 obras recibidas seleccionaronse 7 na categoría de longametraxes; 14 obras competirán en curtametraxes e 13 producións completan o festival coa categoría de videoclips.

1º Certame Nacional de Relatos Vigo Histórico

mércores, 4 xuñ 2014

1º Certame Nacional de Relatos Vigo Histórico, un concurso aberto para escritores que terán a posibilidade de ver a súa obra editada, ademais de recibir un premio económico (un primeiro premio e cinco accesits) que colabora coa O.N.G "A las 5 Acción Solidaria de Emergencia". alas5.org