mércores, 2 abr 2014
Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o día 2 de abril, a biblioteca Xosé Neira Vilas realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes relacionada co mundo dos contos, así como o obradoiro "Animalario Fantástico".
martes, 1 abr 2014
Este venres, día 4 de abril, ás 21:00 h, arranca no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) unha nova tempada da programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, coa representación da obra "As do peixe", da compañía Abrapalabra Creacións. O programa desenvolverase todos os venres e domingos de abril e maio, ata o 1 de xuño.
xoves, 27 mar 2014
A festa da Reconquista da Vila de Vigo contará este ano cun día máis de celebración, tres xornadas de actos, deste venres ao domingo, que incluirá as tradicionais representacións, postos no Casco Vello, concertos e animación de rúa. O Concello incrementa en 2014 o financiamento da cita, ata os 85.000 euros.
mércores, 26 mar 2014
O xoves, 27 de marzo, conmemórase esta efeméride que a Escola Municipal de Teatro está a celebrar durante esta semana con dous actos, un celebrado o pasado martes e a estrea da representación de "O Teatro en Granell", este xoves, con entrada gratuita.
venres, 21 mar 2014
Así o ratificou este venres o alcalde, despois de reunirse cos responsables da organización da que será a terceira edición deste certame de corda, que este ano pasa a converterse en internacional ao incorporar a Portugal. Indicou Caballero que os gañadores participarán nun concerto da viguesa Orquestra 430.
xoves, 20 mar 2014
O goberno de Vigo, a través do departamento de Cultura e Festas, coopera co concerto do grupo aCadaCanto, que canta a Rosalía de Castro nun espectáculo que acollerá o Auditorio Municipal do Concello, este sábado 22 de marzo ás 21:00h.
mércores, 19 mar 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este mércores a nova identidade gráfica, un paso máis na identificación do sistema museístico vigués. Creada en 2012, a Rede procura transmitir a diversidade de cada museo mediante unha xestión unificada e unha oferta coordinada.
martes, 18 mar 2014
Este mércores, 19 de marzo, ás 20:00 h, inauguráse na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "Os que habitan", da viguesa Eva Díez, promovida pola Concellería de Cultura e Festas.
martes, 18 mar 2014
O alcalde e o Valedor do Pobo acordaron a organización en outorno dun concerto que recollerá música e letras que falan de Vigo. Trátase, dixo o rexedor, dunha ideal "xenial" que pretende preservar e aumentar o acervo cultural da cidade.
luns, 17 mar 2014
A Concellería de Cultura e Festas colabora coa compañía INVERSA Teatro para a representación do seu espectáculo Fémina Sapiens, que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), o mércores 19 e o xoves 20 de marzo, a partir das 21:00 h.<br />
Fémina Sapiens é un solo teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens (ou se, pola contra somos máis proclives á involución) e onde se cuestiona a linguaxe e o rol imposto á muller desde a propia decisión da bipolaridade Muller-Homo.