O alcalde subliña a "calidade artística" da Semana de Música de Cámara, do 11 ao 14 de maio
O alcalde, Abel Caballero, e a vicedirectora do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Marta Vélez, presentaron este venres a terceira edición destes concertos, ofrecidos polo alumnado do centro musical no propio auditorio do Conservatorio e no Auditorio do Concello de Vigo. As entradas, de balde ata completar aforamento.
Abel Caballero quixo invitar a toda a cidadanía a presenciar os concertos, unha "música excepcional cunha calidade artística certamente moi notable", asegurou o rexedor, quen apuntou que o Conservatorio Superior de Música de Vigo "marca diferencia" e constitúe unha "factoría de música" na cidade.
O Concello de Vigo colabora co Conservatorio na Semana de Música de Cámara, que terá lugar do 11 ao 14 de maio. Os concertos, que correrán a cargo do alumnado do CMUS, celebraranse no Auditorio Municipal do Concello (os días 12 e 14) e no auditorio "Martín Codax" do Conservatorio (os días 11 e 13), con entrada libre ata completar aforamento.
Tal e como apuntaron tanto Vélez como Caballero, esta proposta se enmarca na liña de colaboración establecida hai tres anos entre o goberno de Vigo e os conservatorios da cidade, co obxecto de ofrecer o auditorio municipal para que o alumnado e/ou profesorado dos centros poidan amosar os seus traballos.
O programa desta terceira edición da Semana inclúe un dúo de frauta e piano e un trío de dous clarinetes e piano para a primeira xornada, un cuarteto de clarinetes e un dúo frauta-clarinete no segundo día, un quinteto de vento e un trío de corda e piano para o terceiro, e quintetos de Vento Metal e de Vento Madeira para o 14 de maio, data de peche do evento.
Descargar todas as imaxes