O goberno de Vigo achega 15.000 euros á Federación de Peñas Recreativas El Olivo para potenciar as súas actividades
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres un convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo, acordo segundo o cal o Concello achega 15.000 euros á entidade para colaborar no financiamento e realización das súas actividades, de carácter sociocomunitario, ao longo do presente ano 2015.