Escoitar

Caballero convida a que a cidadanía vexa na Media Maratón de Vigo "o ambente das grandes probas atléticas"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a XVIII Media Maratón de Vigo, pertencente ao Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que se disputará este domingo ás 10:00 horas polas principais arterias da cidade con saída e chegada no centro (Policarpo Sanz e Sireno).

xoves, 7 mai 2015
1431011300maraton.JPG
Caballero, que anunciou máis de 1.250 atletas en competición entre a media maratón en si e a disputa da mesma en substitucións, precisou que pese a ser esta a decimoctava edición "realmente entrou en funcionamento hai tres anos, é a terceira media maratón do século XXI", precisou. Naceu en 1985 e entre 1999 e 2012 non a houbo.

O alcalde estivo rodeado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, Álvarez Salgado e o seu fillo, Javier Álvarez, como representantes da organización, e Natalia Galán e Marta Diz en representación de Aproinppa e do patrocinio privado.

Caballero indicou que por terceiro ano a proba contará co mesmo percorrido urbano, habendo tamén unha andaina de 5 quilómetros. "É unha proba de atletismo da maior importancia", revelou o rexedor, que incidiu en "invitar á cidadanía a que presencien a carreira e vexan o ambiente das grandes probas de atletismo". O alcalde foi incluso máis aló: "É proba desta nova dimensión da cidade practicando o running".

Álvarez Salgado, pola súa banda, agradeceu o apoio municipal, en loxística, despregue humano e económico, ademais de revelar que incrementou o patrocinio privado con Feiraco e Gadis. "Temos uns 200 atletas máis que o ano pasado, isto vai ben", desvelou.
Descargar todas as imaxes