Vigocultura celebra o Día Mundial da Danza
Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza(29 de abril) con dous espectáculos.O venres 24 de abril, ás 21 horas, Teresa Nieto realizará un pase de "Petí Comité" e o domingo 26 de abril, ás 18 horas, a compañía Entremans achegar ao público infantil o seu espectáculo "Xoga".
O venres 24 de abril, ás 21 horas, Teresa Nieto en Compañía realizará un pase do seu espectáculo "Petí Comité". A bailarina e coreógrafa presentará en Vigo un dos seus múltiples traballos de danza. Nesta montaxe interpretaranse seis pezas curtas independentes, que se engloban dentro da mesma proposta e concepto estético, destacando a importancia da luz como outro intérprete máis. Cada peza baséase nun concepto distinto, "seis pequenos poemas elaborados con luz e carne, seis búsquedas, seis desexos, seis emocións, seis encontros, seis estados, seis vivencias, seis relacións. Seis evanescencias que espero lembres", en palabras da propia Nieto.
Teresa Nieto é Premio de Cultura da Comunidade de Madrid 2002, Premio Nacional de Danza 2004, premio MAX 2007 e 2009 á mellor intérprete feminina de danza. En 2014 recibiu catro premios MAX polo seu espectáculo "Tacita a tacita", e este ano ten catro candidaturas tamén aos MAX co seu novo espectáculo "El Ajuar". O espectáculo que se presenta esta fin de semana, "Petí Comité", foi premio ao mellor espectáculo de danza na Feira de Teatro e Danza de Huesca.
O domingo 26 de abril, ás 18 horas, a compañía Entremans intentará achegar aos máis cativos da casa á danza a través do seu espectáculo "Xoga". Un espectáculo para descubrir como es, e saber de que estás feito. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.
As entradas están á venda en www.ataquilla.com, no teléfono 902.504.500, na Central de Espectáculos (r/ Velázquez Moreno 26), ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles). O prezo das mesmas é de 8 € para o venres e 5 € para o domingo.
Descargar todas as imaxes