Escoitar

O alcalde anima á cidade a redescubrir o Casco Vello Alto co ciclo de cine ao aire libre "Emerxencias"

Caballero participou este mércores na presentación de "Emerxencias", un ciclo de cinema ao aire libre que terá lugar os xoves, ás 22 horas, na praza que conforman as rúas San Sebastián e Ferrería, desde mañá ata o 24 de setembro. Caballero invitou á cidadanía a presenciar as proxeccións programadas, que ofrecen longametraxes, cine colectivo galego, web series e animación.

mércores, 19 ago 2015
1439988322cine.JPG
Abel Caballero eloxiou este ciclo pola súa "dobre dimensión": por un lado presenta un contido cinematográfico "serio, ben deseñado e atractivo" e en segundo lugar pon de manifestou a recuperación do casco vello alto. O alcalde animou á cidadanía a sumarse ás exhibicións e redescubrir unha "zona excepcional" desde unha perspectiva comercial pero tamén "productora de cultura".

O ciclo de cinema ao aire libre "Emerxencias" está organizado pola Asociación Casco Vello Alto coa colaboración do Concello de Vigo, e programa proxeccións cada xoves, desde mañá 20 de agosto ata o próximo 24 de setembro, ambos incluídos, ás 22 horas na praza que conforman as rúas San Sebastián con Ferrería.

Segundo explicaron os directores do ciclo durante a rolda de prensa desta mañá, a programación está conformada sobre cinco áreas temáticas: nova animación en televisión, desmontando a mentira oficial, cine colectivo en Galicia, explorar o pasado e webseries. Baixo estes epígrafes, os organizadores promoven a seguinte programación:

20 de agosto. "Ciutat Morta"
27 de agosto. "Canfaina Lab E Proxecto Nimbos"
3 de setembro. "Rick And Morty vs Hora de Aventuras"
10 de setembro. "The Act of Killing"
17 de setembro. "Terra de Ninguèm"
24 de setembro. "Venga Monjas"
Descargar todas as imaxes

Máis información