xoves, 30 abr 2020
Segundo informou o rexedor, o goberno municipal conta con 200 equipos doados por empresas e particulares para poñer a disposición de nenas e nenos de 6 a 12 anos e que poidan seguir a docencia online.
mércores, 29 abr 2020
O Pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores na súa sesión ordinaria de abril unha resolución da Alcaldía na que se propón manter as axudas sociais e fomentar o emprego e todas as actividades económicas da cidade. Todos os grupos municipais e concelleiros votaron a favor.
luns, 27 abr 2020
Abel Caballero informou este luns de que o Concello de Vigo aprobou na comisión do domingo outras 431 becas de comedor e o total xa ascende ata 2.601 por importe de 130.000 euros. No caso do aloxamento de persoas sen fogar, a pasada noite foron un total de 151 as prazas ocupadas en albergues e hostais.
venres, 24 abr 2020
Os nenos e nenas poderán saír de forma controlada desde este domingo e Abel Caballero aconsellou “sentido común” á cidadanía e “moita cautela” para “facer compatible” esta medida coa loita contra o coronavirus. Ante o inicio do desconfinamento, o rexedor recomendou “rigorosidade”.
xoves, 23 abr 2020
Os 625 menús converten este xoves “no día na historia desta cidade no que se reparten máis comidas a familias que as necesitan”, segundo asegurou o alcalde. Ademais, onte mércores se concederon outras 41 axudas de emerxencia, “máis do que damos nunha semana” en condicións normais, anotou Caballero.
xoves, 23 abr 2020
Amais, con motivo do Día do Libro, o Concello, a asociación Vigo Gastronómico e a Editorial Galaxia colaboran na entrega de 500 exemplares de “A Batalla de Rande” coas comidas que se levan aos domicilios.
martes, 21 abr 2020
Segundo adiantou o alcalde, distribuiranse exemplares de “A Batalla de Rande” xunto coa comida que se leva aos domicilios. O goberno municipal destina 98.500 euros a entidades culturais da cidade e apunta o adiamento do concerto de Sting para o 31 de agosto de 2021.
venres, 17 abr 2020
O Concello de Vigo recibiu unha doazón da empresa Vegalsa-Eroski con roupa para as persoas que están acollidas no pavillón do Berbés. Abel Caballero agradeceu en nome da cidade as achegas de empresas e persoas particulares e asegurou que “nunca rexeitamos ningunha doazón”.
mércores, 15 abr 2020
Abel Caballero informou este mércores da aprobación de 165 novas becas de comedor e 60 axudas de emerxencia. Así, desde o inicio da crise do Covid-19 o Concello de Vigo xa entregou un total de 3.896 axudas por valor de 371.535 euros.
martes, 14 abr 2020
Cada vez hai máis familias con problemas de recursos para financiar as comidas dos nenos e das nenas que non van ao colexio polo que o Concello vén de incrementar ata os 100.000 euros a partida que adica a este concepto. O total de achegas elévase ás 1.887.