O Concello deu de alta 800 novas tarxetas de alimentos desde o inicio da crise sanitaria

venres, 22 mai 2020

Desde o comezo do estado de alarma, o goberno local deu de alta 800 novas tarxetas de alimentación que se suman ás que xa viña outorgando o Concello. Ademais e seguindo cos servizos sociais, o alcalde tamén avanzou que, se Galicia pasa á fase 2 da desescalada, o luns 25 de maio reabrirán as súas portas os centros municipais de servizos sociais de Coia, Rivera Atienza, Teis e Praza do Rei, que atenderá tamén aos usuarios do Casco Vello.