Escoitar

Vigo tingue de verde as fontes de Aragón polo Día da Miastenia e do Doante de Órganos

Este mércores, 2 de xuño, segundo informou Caballero, o Concello iluminará de cor verde ás fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente para conmemorar o Día Internacional da Miastenia e tamén o Día do Doante de Órganos.

martes, 1 xuñ 2021
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa
Abel Caballero, este martes en rolda de prensa

O Día Internacional da Miastenia ten lugar o propio 2 de xuño, polo que a Asociación Miastenia de España, AMES, solicitou o apoio do Concello, que se materializará na iluminación destas fontes.

Durante todo o mes, a entidade programa distintas accións para visibilizar a enfermidade, dar apoio aos pacientes e fomentar a divulgación e concienciación ao redor da miastenia. A campaña “Que a miña forza sexa o teu impulso” está centrada principalmente en intentar concienciar á sociedade sobre a miastenia e dar a coñecer como viven as persoas que a padecen. Este ano contan co apoio de profesionais sanitarios, asociacións, pacientes e público en xeral, ademais de distintos influencers que trasladarán a súa solidariedade difundindo a campaña a través das súas redes sociais.

En segundo lugar, Abel Caballero informou que a Asociación Alcer, de loita contra as enfermidades do ril, tamén pediu do Concello de Vigo que as fontes sexan iluminadas de verde e o mesmo mércores, 2 de xuño, xornada previa ao Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos, que se conmemora o 3 de xuño. “As dúas (asociacións) propoñen que se tingan as fontes de verde e polo tanto poremos luces verde nas fontes da rúa Aragón”, concluíu o alcalde.

Descargar todas as imaxes