Escoitar

O Concello amplía os horarios das bibliotecas do Mar de Vigo e de Navia na época de exames

A biblioteca do Mar de Vigo abrirá todos os días ata ás 00,00h, mentres que a de Navia estará operativa de luns a domingo entre as 09,00 e as 21,00h. O obxectivo é dar servizo ao aumento da demanda de espazos de estudo no mes de xuño e na primeira quincena do mes de xullo.

luns, 31 mai 2021

O alcalde deu conta esta mañá do reforzo dos horarios das distintas bibliotecas da cidade adaptándoas ás necesidades dos estudantes nesta época de exames. No Mar de Vigo, con 400 postos de lectura -que se reducen pola situación covid -vaise ampliar o horario ata as 00,00h. A sala de Navia, con 144 postos de lectura, abrirá as súas portas de luns a domingo desde as 09,00h ata as 21,00h. Pola súa banda, a Casa do Patín -con 25 postos de lectura – estará habilitada de luns a venres en horario de 10,00 a 13,00 e de 17,00 a 21,00 h, mentres que a biblioteca Neira Vilas ten 42 postos de lectura operativos. Nun futuro, engadiu, sumarase a esta oferta a biblioteca de Teis e a do Estado, que se instalará na rúa Lalín.

Pago a provedores

Na rolda de prensa desta mañá, o alcalde avanzou o prazo medio de pago a provedores do mes de abril, situado en 8,3 días, menos da metade do prazo da Xunta de Galicia e dez veces menos que moitos concellos de España. Durante o cuarto mes do ano, Vigo fixo pagos por valor de 9,1 millóns de euros, unha cantidade que supera os 33 millóns desde principios de ano.

Descargar todas as imaxes