Caballero: “ O premio da estación é un recoñecemento a 14 años de traballo” da cidade
Os premios Asprima-Sima son os de maior prestixio do sector e este ano distinguen ao proxecto vigués no entorno do Vialia, como exemplo de mobilización de recursos e pola conversión da zona nun espazo de calidade. Abel Caballero asegurou que o premio “é un recoñecemento aos 14 anos de traballo desde a Alcaldía”.
Segundo explicou o alcalde, o xurado valorou a implicación e a mobilización de recursos públicos e privados para reconverter unha lugar “degradado” nun espazo público de calidade e integrado na cidade. Da actual global, Caballero singularizou o deseño de Thom Mayne, que permite a utilización cidadá da gran praza pública sobre a estación e o centro comercial de Vialia, pero tamén a remodelación da Praza da Estación, o ascensor que a conectará con Urzáiz e Vía Norte, a recuperación da fachada de pedra da antiga terminal ferroviaria e o elevador HALO, un “modelo único no mundo” que unirá os barrios de García Barbón coa Vía Norte.
De volta en Vigo logo de recoller o premio, Caballero lembro que foron “moitos anos de pelexa para conseguilo, catorce anos de dura pelexa para conseguir esta renovación de toda esta zona da cidade”.
O proxecto en execución para o entorno da estación de Urzáiz foi posible grazas á entrada en túnel do tren desde Redondela, promovida por Abel Caballero ao chegar á Alcaldía. Esta decisión fixo posible a construción do centro Vialia hoxe en marcha e tamén a Vía Verde, a senda peonil e ciclista sobre a antiga vía ferroviaria.