Vigo divulga a singularidade das Cíes: “Un laboratorio excepcional para entender a evolución e a resposta dos ecosistemas”
Como parte da candidatura á Patrimonio da Humanidade que promove o Concello, o libro “Illas Cíes: un ecosistema na fronteira” recopila case catro anos de traballo do comité científico, plasmado dunha forma accesible para a cidadanía. Participaron máis de vinte investigadores das tres universidades galegas, do CSIC e do IEO.