O Concello saca a concurso público a organización das actividades de Nadal
O alcalde informou este martes da convocatoria pública para que as empresas interesadas presenten as súas propostas para a organización do Nadal na cidade. A previsión é que o venres se publiquen os pregos no BOP y no Portal de transparencia municipal.
O Goberno de Vigo continúa coa tramitación da programación do Nadal para facilitar “a transparencia e a participación” das empresas interesadas en cada uno dos proxectos deseñados desde o Concello. Nunha presentación organizada esta mañá na Alameda, Abel Caballero detallou os principais fitos incluídos na programación de 2021 na que figura novamente o Cíes Market, o mercado temático de Nadal e atraccións recreativas na Alameda, no entorno da Praza de Compostela, con medio centenar de casetas de venda con motivos de Nadal, parque de ocio, atraccións infantís, unha noria xigante (na confluencia coa rúa Colón) e unha rampla de xeo. A zona tamén acollerá iluminación e decoración de Nadal e un tren turístico polo centro urbano.
En segundo lugar, a peonil do Calvario contará cun segundo mercadiño temático, cun mínimo de dez casetas de venda con estética de Nadal, iluminación, decoración e ornamentación, actividades de animación de rúa e infantís. En terceiro lugar, o Concello prevé instalar atraccións recreativas, empezando por dous carruseis -un na Porta do Sol e outro na Praza da Independencia -, un tren infantil na Praza do Progreso, unha pista de xeo na explanada do Náutico e no aparcamento de Samil, outra pista de xeo, unha de karts e outras atraccións.
O Concello, así mesmo, quere captar propostas atractivas ambientas na festividade e de carácter innovador, como espectáculos de inverno, atraccións 3D, obradoiros infantís, atraccións acuáticas…para os que a cidade oferta os espazos nos que emprazalos: en Teis (diante do Mercado), Bouzas (na Praza de Eduardo Cabello e na Alameda), nas Travesas (na praza á altura da rúa Coruña 9), na Praza do Berbés, na Praza de Portugal, na Praza Elíptica e en Coia (no torreiro das festas).
O goberno que dirixe Abel Caballero quere contar con outros dous trens turísticos, que oferten distintos percorridos pola cidade e, finalmente, o Concello contempla a realización de actividades e espectáculos de animación sociocultural, como concertos ou un circo temático de Nadal, seguindo a mesma forma administrativa do concurso público por concorrencia competitiva.
Caballero finalizou a súa exposición salientando que a expectativa é que Vigo reciba “millóns de persoas” no próximo Nadal, tendo en conta da mellora da situación sanitaria.