O Concello súmase á celebración do Día do Pobo Xitano
O alcalde mantivo un encontro este martes con Gorka de Luis e Zaida Jiménez, representantes da Fundación Secretariado Xitano, que lle entregaron a bandeira que ondeará no Concello este próximo xoves, 8 de abril, para conmemorar o Día do Pobo Xitano. Amais, Caballero adiantou que unha persoa da entidade lerá un manifesto no Pleno Municipal deste mes de abril.
Descargar todas as imaxes