Escoitar

O Concello conectará Navia e A Bouza cunha pasarela peonil subterránea

O goberno local prevé a conexión de Navia con Coia e A Florida a través dunha pasarela peonil subterránea que discorrerá baixo a VG-20. Así o explicou esta mañá o alcalde, quen cifrou en 3,5 millóns o presuposto desta nova infraestrutura dentro do Vigo Vertical.

luns, 5 abr 2021

Unha pasarela peonil unirá Navia con Coia e A Florida a través dunha conexión que tamén usarán bicicletas e patinetes. Tal e como explicou o rexedor, trátase dunha nova infraestrutura dentro do programa Vigo Vertical que se vai estender a toda a cidade.

A pasarela conectará, por unha banda, Teixugueiras coas rúas Covelo e A Cañiza -que serán humanizadas - e discorrerá por debaixo da actual rotonda formando unha rúa de 15 metros de ancho. Á altura da glorieta, establecerase unha praza de 25 metros a ceo aberto - se levantará a actual construción - que estará cuberta por unha cúpula acristalada. Outro ramal chegará a Ricardo Mella, explicou o rexedor.

A previsión é que o proxecto estea rematado en dous anos e o orzamento é de 3,5 millóns de euros para o que se solicitarán fondos europeos. Trátase dun gran "reto pendente", dado as conexións de Navia foron mal deseñadas. O obxectivo, dixo, é saldar unha débeda pendente cunha zona da cidade que ten 10.000 habitantes. A infraestrutura converterase nunha das múltiples zonas de Vigo Vertical da cidade.

 

Descargar todas as imaxes