Olaia Fernández visitou as UBAS

venres, 20 xuñ 2003

A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, visitou as unidades básicas de atención social de Coia, do Casco Vello e de Teis para coñecer de preto as necesidades dos traballadores destes centros e dos seus usuarios.

Belen Sío destaca a mellora dos servicios sociais nos últimos anos

martes, 20 mai 2003

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou a memoria de actuacións do seu departamento executadas nos últimos catro anos. A concelleira sobranceou o incremento do orzamento neste período aumentando un 37,94%, malia a considerar o presuposto insuficiente para un departamento que traballa coas persoas que teñen maiores dificultades.

A rúa do Príncipe recibe a campaña "De boa man"

martes, 6 mai 2003

Durante os próximos días 7, 8 e 9 de maio terá lugar, por cuarto ano consecutivo, a campaña "De Boa Man" de divulgación e venda de productos realizados por persoas con discapacidade e que se instala nunha carpa na rúa do Príncipe. A campaña está promovida pola concellería de Benestar Social, colabora a Asociación de Comerciantes de Príncipe e financia a obra social de CaixaGalicia con 12.020 euros.

As conductas adictivas e a exclusión social centran as xornadas do Plan Local de Drogas

martes, 22 abr 2003

Os días 8 e 9 de maio celebraranse as IV Xornadas do Plan Local sobre Drogodependencias e outras adiccións que organiza a concellería de Benestar Social e terán lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. A conferecia marco tratará sobre "Conductas adictivas e exclusión social" e será pronunciada por Enrique Martínez Reguera, filósofo e pedagogo, fundador da "Escuela sobre Marginación" en Madrid.