Vigo contará con seis novos autobuses accesibles para discapacitados

mércores, 3 dec 2003

O Concello de Vigo colaborará na adquisición de seis autobuses estándar para a promoción da accesibilidade no transporte urbano. A concelleira de Benestar Social , Belén Sío, deu conta desta adquisición froito da adhesión da Corporación Local de Vigo ao convenio de colaboración subscrito polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Entrega do "premio de integración de discapacitados", ano 2003

martes, 2 dec 2003

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, entregará o premio de integración de discapacitados deste ano a Alcampo Vigo 2 , como empresa pioneira na integración das persoas con discapacidade. O acto terá lugar o mércores ás 19 horas na galería da alcaldía e coincide co "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".

Plan Local de Vigo sobre Drogodependencias e outras adiccións

venres, 28 nov 2003

As entidades que conforman o PLsDA desenvolverán distintas actividades para conmemorar este día. O luns, 1 de decembro, instalarán unha carpa na rúa Príncipe, diante do Banesto en horario de mañá e tarde, ofrecendo información e material impreso do Plan Galego da Sida e do Ministerio de Sanidade.

"24 horas sen alcohol"

venres, 14 nov 2003

Co motivo da celebración das "24 horas sen Alcohol na Comunidade Galega", as entidades que compoñen o Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo, propoñen entre outras cuestións que as concellería non aparezan como cofinanciadoras en eventos patrocinados por empresas productoras ou distribuidoras de bebidas alcohólicas.

Belén Sío defendera nun coloquio as políticas municipais de inserción laboral de persoas con discapacidade

xoves, 6 nov 2003

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presenta unha ponencia no marco do coloquio "A inserción laboral de persoas con discapacidade" que se celebra esta tarde no hotel NH Palacio de Vigo e que organiza o grupo Manpower con motivo do Ano Europeo para as persoas con discapacidade. En España, tres millóns e medio de persoas teñen algunha discapacidade física, sensorial, psíquica ou mental. Dos que están en idade de traballar –un millón e medio- só están empregados 429.000.