Vigo pide o seu recoñecemento como cidade amiga da infancia
O Concello solicitará á UNICEF o recoñecemento de Vigo como "Cidade Amiga da Infancia" dado que nos últimos anos a nosa cidade mostrou un especial interese en promover actividades dedicadas á infancia.
A solicitude basease , entre outros aspectos, en que o Concello promove a implicación activa dos nenos e nenas de Vigo,a través do Pleno Infantil; estableceu coa aprobación da Carta dos Dereitos da Infancia a nivel local, un marco regulamentario para a protección dos dereitos dos menores; retomou a creación do Consello Asesor da Infancia no que se avalía o impacto das leis, as políticas e accións da infancia.
O presuposto municipal destina partidas das diferentes concellería a programas de infancia tales como axudas de libros e comedor, programas educativos, música , danza e teatro, escolas deportivas, parques infantís, entre outros.
Descargar todas as imaxes