A alcaldesa recibe os capitáns da Escola Naval Militar Francesa, de escala en Vigo
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe venres no Concello o Capitán de fragata Gloux e o Capitán de corbeta Berling, da Escola Naval Militar Francesa. Seis buques militares galos fan escala en Vigo desde hoxe venres ata o próximo luns.
O Capitán de Fragata Gloux é o Comandante do "D’Entrecastaux", buque de salvagarda e adestramento desde o cal exerce o mando táctico do grupo de cinco buques escola que iniciaron a súa escala en Vigo hoxe venres ás 9:00 e que partirán o luns á mesma hora. Estes cinco buques son o "Leopard", o "Jaguar", o "Chacal", o "Tigre" e o "Lynx". A Escola Naval Militar Francesa está comandada polo Capitán de corveta Berling, representante do Vice-almirante De Roquefeuil.
Durante a súa visita ao Concello, que tivo carácter protocolario, os dous capitáns da Escola Naval Militar Francesa estiveron acompañados polo Comandante da Escola Naval de Marín e polo Comandante naval de Vigo.
Descargar todas as imaxes