Escoitar

Actividades de verán na biblioteca pública

A Biblioteca Pública de Vigo organiza a terceira edición do bibliocampamentos de verán que se celebrarán os meses de xuño e agosto na biblioteca, que este ano irá dirixido a rapaces entre 7 e 14 anos e centrado en actividades arredor da ilustración e a pintura.

luns, 12 xuñ 2006
1150118042bibliogalego.jpeg
Os Bibliocampamentos, gratuítos e pensados para as xornadas de vacacións, xirarán en torno á lectura e a súa vertente oral (contacontos, teatro, etc), xogos (xeralmente tradicionais) e actividades de plástica que potencien a imaxinación.

Con estas actividades pretendese a difusión da colección relacionada coa arte e a ilustración da biblioteca, dar unha visión alternativa e lúdica das vangardas artísticas, centrada en pintores relevantes, nos novos ilustradores ou potenciar a capacidade de poñerse no lugar do outro e entender o seu pensamento e expresividade.

A apertura do prazo de inscrición será o 15 de xuño.
Descargar todas as imaxes