luns, 7 mar 2005
A Comisión declarou zonas saturadas de ruídos as rúas Compostela, Inés Pérez de Zeta, Areal, Rosalía de Castro, Churruca, Teófilo Llorente, Martín Códax e Rogelio Abalde.
martes, 1 mar 2005
A Concellería de Benestar Social colabora coa Cruz Vermella ofrecendo dúas unidades móbiles para atender as persoas sen teito durante a vaga de frío destes días. As unidades móbiles repartirán mantas, bebidas quentes e comida. Ademais, os que o desexen recibirán aloxamento.
venres, 25 feb 2005
A delegada de Benestar Social, Marta Iglesias, mantivo o venres unha primeira reunión de contacto con representantes de colectivos de persoas con discapacidade e de Vitrasa co fin coñecer as necesidades do transporte adaptado.
xoves, 17 feb 2005
A oficina municipal de información a inmigrantes e emigrantes retornados atende desde o pasado día 14 as necesidades destes colectivos. Ademais, a Fundación Ecca Vigo ofrece cursos de formación para mellorar a cualificación das mulleres inmigrantes.
venres, 21 xan 2005
Polo convenio asinado hoxe o Concello achega 15.000 euros e a Consellería de Asuntos Sociais 145.000 para o desenvolvemento de accións en Vigo ao longo de 2005.
mércores, 15 dec 2004
Achegar a sanidade aos vigueses para promover hábitos saudables. Este é o obxectivo das Unidades de Promoción da Saúde, entidades que o Concello porá en marcha a partir do próximo ano en cada un dos tres distritos da cidade. Para informar os profesionais, técnicos e responsables deste ámbito, terá lugar mañá día 16 de decembro un encontro de análise no Instituto Municipal de Educación.
mércores, 10 nov 2004
A alcaldesa Corina Porro mantivo unha reunión cunha representación da Asociación Autismo Vigo, coa que mantén unha gran relación, onde falaron dos últimos proxectos que a entidade trata de levar a cabo.
mércores, 10 nov 2004
A xornada, que se desenvolverá no Instituto Municipal de Educación, é unha continuación ás celebradas en febreiro e centrarase en cuestións de asesoría xurídica como a protección de datos.
mércores, 3 nov 2004
Tras rematar o período de prácticas do curso desenvolvido pola Cooperativa Algalia en colaboración coa concellería de Benestar Social, o balance non pode ser máis positivo. De feito, o bo resultado fai pensar en novas iniciativas centradas na promoción da saúde na nosa cidade, como as Unidades de Promoción da Saúde.
mércores, 27 out 2004
As asociacións de xogadores rehabilitados realizarán diversas campañas informativas e preventivas dos perigos do xogo en tódalas provincias españolas e a FEJAR presentará un documento reivindicativo ao Goberno.