O rastro solidario contra o cancro abre as súas portas en Urzaiz
O rastro da <a href = 'http://www.todocancer.com'>Asociación Española Contra o Cancro (AECC)</a> abriu hoxe xoves no número 19 da rúa Urzaiz as portas da súa XIII edición. A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, visitou o lugar, onde están a venda desde figuriñas a 10 céntimos ata un candelabro de prata a 1.000 euros.
Tamén hai mobles, colchóns, bolsos, electrodomésticos, libros, CDs, cassettes, guitarras e tocadiscos, entre outros artigos. As existencias vanse renovando a medida que se venden e aparecen novas achegas das persoas que queren colaborar. "Necesitamos e agradecemos a colaboración de todo Vigo", afirma Josefina Crespo, presidenta da agrupación viguesa da AECC.
Para doar obxectos pesados non hai máis que pórse en contacto coa agrupación local da AECC, na rúa Doutor Cadaval, 27 entrechán, ou chamar ao 986 220 303. Os voluntarios da asociación pasarán a recollelos.
Josefina Crespo anima os cidadáns a visitar o rastro "compren ou non compren", xa que outro dos obxectivos desta iniciativa é dar a coñecer a propia Asociación. Así, na tenda onde se leva a cabo o rastro, AECC ofrece información sobre as súas actividades a todo aquel que estea interesado.
O horario do rastro é de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas. Poderase visitar ata o 13 de decembro. Deica entón, a agrupación local da AECC espera recadar entre 15.000 e 18.000 euros coa venda de obxectos neste mercado solidario.
Deshabituación tabáquica
A agrupación local da AECC ofrece entre as súas actividades cursiños de deshabituación tabáquica impartidos por psicólogos. Estes cursiños impártense de xeito totalmente gratuíto a grupos de 18 persoas que se van sucedendo. Algunhas empresas teñen pedido a súa inclusión nesta iniciativa e teñen acollido elas mesmas os cursiños, xa que os psicólogos que os imparten se desprazan se fai falta.
Descargar todas as imaxes