venres, 3 novembro 2006

13 persoas realizarán prácticas de inserción laboral do Proxecto Actívate

venres, 3 nov 2006

Colexios, residencias de maiores e caterings especializados acollerán nos próximos meses a 13 alumnas en prácticas do itinerario de inserción laboral de "axudante de cociña en centros escolares e sociosanitarios" do Proxecto Actívate, segundo o convenio asinado hoxe entre a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares e as empresas que participan.

O Verbum continúa co ciclo de contacontos infantil

venres, 3 nov 2006

"Palabras minúsculas" toma a testemuña do ciclo de contadores de historias que se celebrou no Verbum o pasado mes de outubro. O éxito do programa serviu á directiva do Verbum para organizar un ciclo de contacontos infantil que se celebrará os domingos dende o 5 de novembro ata o 7 de xaneiro de 2007 en horario de 12 a 13 horas.

Programación de Xuventude na SalaA!

venres, 3 nov 2006

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, en colaboración coa SalaA! pon en funcionamento unha nova programación dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos no Espazo de Ocio Alternativo "Sala Ábrete"

Exposición sobre "Jenaro de la Fuente Álvarez.Arquitecto.Linguaxe Racionalista"

venres, 3 nov 2006

A Casa Galega da Cultura acolle dende o día 3 de novembro e ata o 3 de decembro a mostra "JENARO DE LA FUENTE ÁLVAREZ. ARQUITECTO. LINGUAXE RACIONALISTA. VIGO" que forma parte dun amplo programa de catalogación da arquitectura viguesa impulsada pola Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. No caso deste autor o proxecto inclúe a catalogación da súa obra de carácter racionalista (unha faceta desconocida) así como a producción dunha exposición e un catálogo complementario.