Escoitar

Música para escolares, familias e bebés no Festival Are-More

Concello e Universidade de Vigo colaboran máis un ano na organización do ciclo de formación de públicos do Festival de Música Are-More, con funcións de ópera para audiencias escolares e familiares e con concertos para bebés.

venres, 3 nov 2006
1162561529aremore031106.jpg
O ciclo de formación de públicos foi presentado hoxe venres polo concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, e a vicerreitora de Extensión Universitaria, Maruxa Cabezas. Inclúe as seguintes funcións:

"El niño de los sortilegios"
Autor: Maurice Ravel
Compañía: La Tartana
Público familiar
Data: sábado 4 de novembro; dobre sesión: 18:00 e 20:30 horas
Lugar: Teatro-Cine Fraga Caixagalicia
Prezo da entrada: 3 euros adulto; 2 euros ata 14 anos.
Realizáronse funcións desta obra para público escolar onte xoves e hoxe venres, ás 10:30 e 12:30 horas, tamén no Teatro-Cine Fraga Caixagalicia, con entradas a 2 euros por alumno.

"La ópera de los tres cerditos"
Música de W.A. Mozart
Ensemble Orquestral "Festival Are-More"
Público escolar
Data: xoves 16 e venres 17 de novembro; dobre sesión: 10:30 e 12:30 horas
Lugar: Teatro-Cine Caixagalicia
Prezo entrada: 2 euros por alumno
Público familiar
Data: sábado 18 de novembro; 18:00 horas
Lugar: Teatro-Cine Fraga Caixagalicia
Prezo entrada: 3 euros adulto; 2 euros ata 14 anos

Concertos para bebés

Dada a grande expectación creada polo espectáculo "Concerto para bebés", que terá lugar o 19 de novembro no salón de actos do MARCO, a organización decidiu engadir dúas novas funcións, ás 15:30 e ás 17:00, ás programadas para as 11:30 e as 13:00 horas.

Por necesidades do propio espectáculo cada función terá unha capacidade máxima de 50 nenos/as até cinco anos, con posibilidade de dous acompañantes, a un prezo de 2 euros. As entradas poranse á venda nas taquillas do MARCO a partir do martes 14 de novembro, en horario de 11:00 a 21:00 horas. Cada persoa poderá mercar un máximo de tres entradas.

No caso das embarazadas, o prezo será igualmente de 2 euros, con dereito a un acompañante.
Descargar todas as imaxes