Escoitar

O Verbum continúa co ciclo de contacontos infantil

"Palabras minúsculas" toma a testemuña do ciclo de contadores de historias que se celebrou no Verbum o pasado mes de outubro. O éxito do programa serviu á directiva do Verbum para organizar un ciclo de contacontos infantil que se celebrará os domingos dende o 5 de novembro ata o 7 de xaneiro de 2007 en horario de 12 a 13 horas.

venres, 3 nov 2006
1162562466contacontosverbum.jpg
As narracións para nenos correrán a cargo Ana Carreira, Paula Carballeira e Fran Ínsua. As sesión están dirixidas a rapaces de entre 3 a 12 anos e custarán un euro.
Descargar todas as imaxes